viernes, 5 de junio de 2009

40 dias de aventura IT ART01

Dende a inauguración o pasado 25 de abril, o discorrer da expo-venda IT ART amosóunos un comezo entusiasta tanto en atención coma en vendas para logo, dia a dia, ollar como se asentaban as vendas e incrementábase a participación social a través das notas post-it. Foron corenta días para cumprir a finalidade desexada, achegar a producción artística a cidadanía a través de espazos cotiás como poida ser o pub a pallooza de Ferrol, onde se está a desenrolar esta primeira edición.

O feito de camiñar cara as 70 unidades vendidas(entre reproduccións e pezas únicas) fai pensar en 70 pequenas obras que pasaron a formar parte da vida de diferentes persoas, un veciño, un familiar, dalgún visitante do pub, dun turísta estranxeiro, ou dun mariñeiro local,...

O fin IT ART01 achega obras de 15 artistas a sociedade e vaino seguir facendo ata finais deste mes de xuño. Permanecendo a base da exposición no propio local para seguir a motivar a participación social a través de breves notas post-it, ben sexan comentarios ou novas propostas. Destacar a amplia participación post-it e agradecer o respeto mostrado polo público en todo momento cara as obras expostas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario